RUPO
XITACIÓN
OCIAL
zambra
imtiicdwaA l&cialeA'
Coordinación estafal de luchas (
pjsos uoisnpxa 0| X ozajqod o\'
José Iglesias Fernández
LICENCIA CREATIVE COMMONS
Reconocimiento - No comercial - Sin obra Derivada 3.0
Esta licencia permite copiar, distribuir, exhibir los textos e imágenes de esta publicación siempre que se
cumplan las siguientes condiciones:
feYy Reconocimiento: Este material puede ser distribuido, copiado y exhibido por terceras personas
^ si se muestra en los créditos.
No comercial: El material original y los trabajos derivados pueden ser distribuidos.copiados y
exhibidos mientras su uso no sea comercial.
© Sin obra derivada: Este material puede ser distribuido, copiado y exhibido pero no se puede
utilizar pera crear un trabajo derivado del original.
- Se deberá establecer claramente los términos de esta licencia para cualquier uso o
distribución de este material.
- Se podrá prescindir de cualquiera de estas condiciones si se obtiene el permiso expreso del
autor.
Este libro tiene una licencia Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs. Para consultar
las condiciones de esta licencia se puede visitar http://creativecommons.Org/licenses/by-nd-nc/3.0/ o
enviar una carta a Creative Commons, 559 Nathan Abbot Way, Stanford, California 94305, EUA.
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL G.A.S.
CSA "A Cova dos Ratos". r/ Romil 3 Balxo. Vigo, Gallza
http://grupodeaxitadonsodal.blogspot.com/
gasvlgo@movlments.net
"LAPSUS" DISTRIBUIDORA ALTERNATIVA
CSA "A Cova dos Ratos" Tel: 986 49 33 81
http://www.sindominio.net/caleidoskopio/
"CORSARIAS" EDITORA, DISTRIBUIDORA, LIBRERÍA VIRTUAL
Compostela, Galiza
http'J/www. blogoteca.com/eco/
corsariaseditora@hotmail.com
ZAMBRA, INICIATIVAS SOCIALES
r/ Francisco Cárter 1, 1°, 1 a . Málaga
httpj/www. redasociativa. org/zambra
zambra@redasociativa.org
BALADRE, Coordlnadora estatal de luchas contra el paro,
la pobreza y la excluslón soclal.
r/ Caldes, 11. Xátlva, País Valenciá
httpj/www. redasociativa. org/baladre
baladre@redasociatlva.org
índice
Entradilla 5
Presentación 7
Concepto e diferentes modelos 11
A Renda Básica das Iguais (RBis) 15
Os modelos débiles 19
Viabilidade financeira: poboación, custo e
financiamento 25
A RBis un instrumento de participación e
transformación política 33
Entradilla
No ano 2009 as xentes de Baladre se deciden a desenvol-
ver o Estudo de Viabilidade da RBIs en Gallza, nun primelro
momento tentamos buscar apolos de organizacións sindicais
galegas, pero ante a falta de respostas positlvas, decidimos
realizalo dende as noas forzas baladrinas contando coas cola-
boraclóns de diferentes grupos soclals de Galiza.
Así é como nace este texto en galego, que pretende ser
un instrumento divulgativo da proposta da RBIs en Galiza co
que pretendemos chegar a grupos e persoas que andan na
procura de ferramentas que abran fendas nun slstema que
nesta terra tamén segue producindo deslgualdade e Inxus-
tiza. A RBis queremos que sexa outro punto de partida máis
para que dende os nosos barrios, os nosos grupos, etc. cons-
truír outro mundo para o cal é necesario que exploremos e
vivamos alternativas como esta.
Detrás destas letras está o traballo das xentes do GAS
(Grupo de Axitación de Vlgo), das xentes de Coia, da edito-
rial Lapsus de Compostela e de moltas máis persoas... Todas
xunto a Zambra e Baladre, fan posible esta primeira edlclón
deste llbriño —adaptación do caderno "¿Qué es la Renta Bá-
5
sica?"— que leva por titulo: "Unha definición sobre A Renda
Básica das Iguais".
Consideramos que ante estes tempos de crise é funda-
mental artellar respostas que axuden a convertelo en tempos
de loita. Este momento pon de manlfesto que a resposta non
chegará dende arrlba, polo que cómpre que dende abaixo
slgamos reflexionando co fin de procurar loltas e resistencias
fronte a este sistema. E dentro desas loitas ten sentido unha
proposta como a RBis, que xunto a outras teñen que levar-
nos a conquistar Dereitos Sociais, pero sobre todo a impulsar
un debate social amplo que de como froito o parto doutra
socledade.
Deste xeito, é como entendemos a RBis, como un medio
máis, que debemos de facelo de todas, e dende abaixo darlle
duro á pelexa diaria para abrlr as grandes AVENIDAS DA Ll-
BERDADE, con Xustiza Universal para toda a Humanidade.
Coia, abril 2009
6
Presentación
Ata 1995, o tema da Renda Básica (RB en diante) era case
descoñecido no Estado español. Uns cantos artigos, na súa
maioría de autores estranxeiros, permaneclan cubertos de po
nalgúns estantes das universidades deste país. Na primavera
de 1995 publicábase o primeiro artigo sobre a RB de José
Iglesias Fernández: "Del reparto del trabajo al reparto de la
renta". Dende entón, e, sen ser unha panacea que resolva
todos os graves problemas sociais que sofren as poboacións
que viven nas sociedades capitalistas, a cuestión de fondo
era e segue sendo: ata onde a RB podería instrumentarse
como un mecanismo eficaz de recoñecemento dos dereitos
humanos, da participación cidadá e da redlstñbución da ren-
da, unha arma política que servise para abrir unha v(a cara a
unha sociedade alternativa ao capitalismo.
Para nós, a etapa da globalización capitalista constitúe un
período duro para o benestar das poboacións. Uns en nome
do conservadoñsmo democrático, outros da socialdemocra-
cia e outros do centro, todos están impoñendo/propoñendo
as chamadas políticas neoliberais do sistema capitalista en
todo o mundo. Políticas conservadoras que teñen en común
a materialización dos seguintes obxectivos: o desregulamen-
to total do mercado de traballo e a liberalización total do
mercado de capitais; a diminución do gasto en pensións, no
7
subsidio de desemprego e no resto das prestacións do Estado
do benestar; a paulatina implantación dun sistema fiscal re-
gresivo; a privatización da educación, a sanidade e os servizos
sociais do sector público para que o capitalismo poida am-
pliar aquelas áreas susceptibles de substanciosos beneficios.
Non se oculta que se trata abertamente de favorecer a todos
aqueles intereses (burguesía) relacionados co capital, e elimi-
nar aqueles outros das persoas (proletariado) dependentes do
traballo. Günter Grass, un escritor tan sensibilizado cos pro-
blemas políticos e sociais da súa época, fai o seguinte xuízo
moral dos avances e os resultados do capitalismo ao bordo do
século XXI: "a ciencia e as tecnoloxías pouco ou nada fixeron
para solucionar a pobreza e a fame..." Recoñece que se con-
seguiu "transplantar riles e corazóns novos a calquera que
poida pagalos, chamar sen fíos, é dicir, todo aquilo do que
é capaz o cerebro humano de plasmar". Pero recalca que «a
pobreza e a fame aínda permanecen. Aínda por riba, mesmo
aumentan porque non hai vontade de resolvelas».
Por isto, para enfrontar esta realidade política e social
que está a impoñer a ditadura da burguesía en todo o mundo
e máis concretamente en Europa e en España, creemos que
chegou o momento de reflexionar sobre un novo sistema de
protección social e, ao mesmo tempo, mantemos que chegou
o momento de enfrontarse ao capitalismo con novas armas e
conceptos, cunha proposta político-social que sexa tamén o
máis antiglobalizadora posible. Para iso propoñemos un mo-
delo de benestar social anticapitalista, dende unha argumen-
tación filosófica segundo a cal a RB, que pasamos a denominar
Renda Básica das Iguais (RBis que explicaremos máis adiante)
non teña como finalidade constituírse no terceiro modelo de
8
Estado do Benestar, senón na de ser un instrumento de loita
a disposlclón de todos os colectivos que estean explicitamente
comprometidos na transformación do sistema capitalista. Polo
tanto, pensamos que chegou o momento de reflexionar sobre
un novo sistema de protección social, un no que se garanta o
dereito de todos os cidadáns/ás a percibir regular e permanen-
temente uns ingresos básicos que lles permitan sobrevivir con
dignidade, e independentemente de cal sexa a súa situaclón.
Neste sentido, unha proposta como a RBis podería supoñer un
punto de partida para enfrontarse ao poder do capltallsmo que
se expresa, na actualldade, en forma de globallzaclón.
Vlvimos momentos de grande confusión sobre a propos-
ta da RB. Todo vale e son moitas as persoas, grupos e insti-
tucións que xogan a integrar o concepto, que non o contido
que nós formulamos/propoñemos. Isto mesmo está a suceder
noutros moitos temas (globalización, xénero, antimilitarismo,
ecoloxlsmo...), o cal é lóxico e era previsible; agora ben nós
debemos insistlr neste momento máis que nunca, que corren
tempos de esixir, aquí e agora, a RBis, enmarcándoa nun am-
plo abano de propostas e demandas.
Non ten sentldo escrlbir textos para o debate entre tertu-
llanos e anallstas; as nosas letras teñen que animar a tomar en
serio a Incorporación das dlstintas loitas que se veñen desen-
volvendo, de seguro, nos vosos territorios ou localidades. Para
nós o desexable é que nazan moitas flores velenosas e lindas
que conquisten este e outros dereitos que slrvan para ir c¡-
mentando outras formas de vida máis próximas ao modelo de
sociedade que desexamos e necesitamos parir con urxencia. A
RBis, como un medio máls de loita, ten sentido neste contexto
de busca para facer poslble outro mundo, outra socledade.
9
Concepto e diferentes
modelos
A RB é un concepto moi sinxelo. Consiste no dereito que ten
cada cidadán/á percibir unha cantidade periódica para cubrir
as súas necesidades materiais, sen ningunha condición que
as limite. É dicir, unicamente polo mero feito de nacer, pola
singular razón de existir, a sociedade está obrigada a propor-
cionar a cada ser humano os medios materiais que garantan
o benestar social que necesita para sobrevivir con dignidade
(máis abaixo, ao desenvolver a Renda Básica das Iguais, expli-
caremos con máis detalle as súas características principais): a)
a cada persoa individualmente, e non ás familias; b) indepen-
dentemente de calquera outro ingreso que perciba por outros
recursos; e c) sen necesidade de ter un emprego asalariado,
ter un emprego anteriormente, nin tampouco estar obrigado
a aceptar un emprego se lle fose ofrecido.
Dende o comezo, é fundamental destacar o carácter de
dereito que supón a RB, pois é totalmente independente e
non ten ningunha relación con todas as continxencias pro-
vocadas polo capitalismo —crise do emprego, paro crónico,
precariedade ou millóns de cidadáns en estado de pobreza.
Polo mero feito de nacer, que non é pouco, cada unha das
persoas ha de ter recoñecido o dereito cidadán a RB.
11
A vantaxe principal da RB reslde na segurldade e a llber-
dade que proporclona a todos os cidadáns saberse acredores
a unha renda que garanta que as súas necesidades materlais
máis elementals van quedar cubertas permanentemente. E
que esta lles é deblda por un dereito de cidadanía, indepen-
dentemente de calquera outra circunstancla. Constltúe un
avance de grande magnitude no proceso cara a unha socle-
dade máis xusta e equillbrada, dado que asegura a base ma-
terlal para poder gozar de todos os demais dereitos humanos,
o cal suporá un incremento da llberdade real das persoas.
Neste sentido, tal e como sinala E. Van Parijs, a persoa «é
realmente llbre en oposiclón preclsamente a ser formalmente
libre, na medida en que se posúen os medios, non só o derel-
to para facer calquera cousa que un puidese querer facer».
A RB asegura ás persoas un mínlmo de subsistencia que lles
permite escoller entre traballar ou non e, polo tanto, permlte
unha mellor planificaclón persoal da vlda.
Na actualidade, debido ao Interese soclal e político que
suscltou o tema, pódense atopar propostas moi variadas de
subsidios públicos ás que algúns denomlnan RB. Hai moltas
e pódense facer distintas lecturas de RB, así como son mol-
tos e variados os modelos que se poden aplicar a cada unha
destas versións. Non obstante, segundo os obxectlvos que
se perseguen coa implantación da RB, así como as vantaxes
que se pretenden obter, requírese un determinado modelo de
RB. Polo tanto, todo o contldo de implantación da RB pode
variar de acordo coas opcións específicas que se tomen, e que
serán diferentes segundo os criterios de selección dos mo-
delos que se escollan. Para nós, a RBis non é unha proposta
de modiflcaclón marxinal dos slstemas de protecclón social
12
actuais, senón que a súa implantación ten que supoñer unha
transformación social e política de grande alcance, afectando
moi substancialmente a moitos aspectos da vida social, tales
como a distribución da renda, o mercado de traballo, o papel
do traballo (asalariado, doméstico, voluntario) e as motiva-
cións para as súas ofertas así como a potenciación dos move-
mentos sociais e a participación cidadá na vida política.
13
A Renda Básica
das Iguais (RBis)
Levamos anos reflexionando sobre o concepto da Renda Bá-
sica e neste tempo a reflexlón e a confrontaclón coas reallda-
des déronnos outras perspectivas sobre o tema. Así pasamos
dunha lectura convenclonal da RB a desenvolver unha máis
crítlca e máls coherente coa nosa actividade de lolta contra
o sistema. Deste xeito deflnimos a RBIs como o derelto que
ten cada cidadán e cada cldadá, polo felto de nacer, a per-
cibir unha contía periódica para cubrir as súas necesidades
materlais.
Como diciamos antes cos anos de reflexlón e loitas op-
tamos por defender o modelo forte que co tempo chegou a
converterse na RBis que se define polas seguintes caracterís-
ticas:
a) Individual: non é a familia, senón a persoa indivldual-
mente (suxeito soclal paslvo) quen é o suxeito deste dereito.
0 cidadán como suxeito da Igualdade.
b) Universai'. ademals de ser non contributiva, é para
todos e cada un dos cldadáns sen que haxa algún motlvo
que xustiflque excluslón. Igualdade do cidadán ante as con-
dlcións.
15
c) Incondicional: non está suxeita ao mercado de traba-
llo, do mesmo xeito que o nivel de ingresos tampouco xustl-
fica ningunha discriminación. Igualdade do cidadán ante as
esixencias.
d) Contía/equidade: a cantidade a percibir polos cidadáns
será equitativamente a mesma para todas as persoas, con
total independencia da idade, os ingresos, o xénero, etc. E a
contía a percibir que propoñemos como mínimo sexa a de-
finida polo limiar da pobreza, equivalente ao 50% da renda
per cápita. Igualdade da contia de renda a percibir.
e) Participación: á hora de distribuír a parte do Fondo
Renda Básica destinado á mellora dos bens e servizos públi-
cos (sanidade, educación, vivenda, transporte, medio, etc.),
todos os cidadáns (suxeito social activo) teñen o mesmo de-
reito a intervir nos debates para tal asignación. Igualdade por
dereito de cidadanía.
f) Refundición: esta no seu proceso de substituír a rmaio-
ría das prestacións actuais (pensións, subsidios, subvencións,
axudas, etc.) pola RBis, rematará facendo que todos os ci-
dadáns gocen uniformemente deste novo dereito. Igualdade
equitativa.
g) Dende a base social: a mobilización para conseguir a
RBis, faise de abaixo cara arriba e non de arriba cara abaixo,
e consegue a participación de persoas e movementos sociais
(suxeito social activo) nunha relación de igualdade.
A utilización deste modelo asegura catro dos obxectivos
que están na base da súa elección: a) evitar os custos burocrá-
ticos que supón administrar a RBis; b) non aumentar máis o
control que o Estado exerce sobre os cidadáns/ás; c) erradicar
16
a pobreza económica ao utilizar a metade da renda per cápita,
ou limiar de pobreza, como cantidade mínima de partida; d)
e asegurar a participación cidadá na asignación da parte da
RBis que se vai dedicar aos investimentos en bens e servizos de
índole colectivo.
A RBis oriéntase á satisfacción das necesidades das per-
soas dunha sociedade, e propón que estas dispoñan dos me-
dios materiais necesarios para iso. Non obstante, non todas as
necesidades resólvense a nivel individual, senón que requiren
da existencia de bens colectivos. Por iso, a nosa concepción da
RBis supón reforzar tamén a provisión destes. Con este obxec-
tivo proponse que, das achegas totais dedicadas ao Fondo de
Renda Básica, se dedique unha parte á satisfacción das nece-
sidades colectivas, en lugar de á distribución individual. Esta
dedlcación dunha parte da RBis á inversión de índole colectiva
responde a dúas finalidades premeditadas: recuperar as virtu-
des que ten o uso dos bens públicos fronte a todo o discurso
actual dominante de enxalzar o Individualismo; e, así mesmo,
instituír os medios polos cales os cldadáns poidan participar
nas decisións da asignación dos recursos (democracia horizon-
tal). En si mesma, a natureza da RBIs é de carácter colectlvo;
isto quere dicir que contén a expresión da vontade colectiva
de asumir a necesidade de protexer e asegurar o benestar das
persoas consideradas como individuos sociais.
Non debe interpretarse que a nosa proposta da RBis vaia
orientada a favorecer o crecemento económico capitalista.
Ao contrario, xa se sinalou que na súa base conceptual existe
unha forte motivación de transformación do actual modelo
de produclón e consumo capitallstas para o cal a RBIs ven
sendo un instrumento máis nese camiño. Non obstante, men-
17
tres o marco de relacións socials sexa o capitalista débese
esixlr, polo menos, unha distribución moito máis xusta dos
recursos xerados que a existente na actualidade. Esta é a di-
rección cara a que apunta dun xeito claro a proposta da RBis,
tanto na parte de distribución individual coma na proposta de
utilizar unha parte dos fondos dedicados á RBis en proxectos
colectivos decldldos a través da partlcipación cidadá.
Hai tres razóns para apostar pola aplicación deste modelo
de RBis: a) a primelra é que a lectura antlcapitalista da RB que
propoñemos require por si mesma un modelo forte de trans-
formación social; b) a segunda é que nos permlte distinguilo
e distanclalo dos modelos débiles de RB que se propugnan
noutros estudos máis en consonancia coa interpretación libe-
ral/propietarista (estes poden ter máis posibilidades políticas á
hora de conseguilos, pero levan consigo intrlnsecamente unha
morea de inconvenientes económico-burocráticos á hora de
aplicar estes modelos parciais); c) a terceira conslste en advertir
que todos aqueles subsidios múltiples que ofrece o Estado, ou
que reclaman algunhas organizacións, non son o mesmo que
a RBIs, aínda que frecuentemente nolos presentan e venden
coma se fosen iguais, cando estes esquemas de protecclón so-
cial fomentan e amparan as trampas da pobreza e do paro.
Exlsten catro riscos que poñen en perigo as tres caracte-
rísticas esenciais da RBis: individualidade, universalidade e in-
condicionalidade, debido a que equiparan frecuentemente a
RBis co concepto de salario social e a esixencla dunha contra-
prestación social e/ou laboral; ou a que xustlfica a RBis pola
exlstencla da pobreza, para así poder apllcar a proposta do
imposto negativo. Non está de máis repasar en que medida
os tres primeiros perigos supoñen unha ameaza para a RBis.
18
Os modelos débiles
Os modelos déblles, ou parclals, son aqueles que modlflcan
algunha das características que definen a RBis. É dicir, con-
cédese a RB unlcamente a unha parte dos cldadáns ou á fa-
mllia; case sempre por un importe bastante menor que o do
llmiar de pobreza; ás veces esixindo algunha contraprestaclón
por parte de o cidadán/a suxeito do dereito. Son mecanis-
mos moito máis llmitados en relación co modelo forte que
defendemos. Os modelos déblles violentan os prlnclpios de
individualidade, universalldade e incondlcionalidade, llmitan-
do os obxectivos e reducindo ostensiblemente o benestar dos
cidadáns que se pretende consegulr co modelo forte, se ben
hal que aceptar que son politlcamente máis doados de im-
plantar.
Algúns grupos soclals sollcltan a creación do que denoml-
nan "salario social", polo cal os traballadores sen emprego nin
subsidio de paro recibirían unha prestación económica. Esta
reivindicación non é a mesma que a da RBis. Non está de máis
recordar que, cando unha persoa traballadora carece de ingre-
sos, non ten emprego e esgotou a percepción do subsidio de
paro, solicita do Estado o subsidio de paro non contributivo. Os
beneficiarios que conseguen esta prestación social actualmen-
19
te, por supoñer unha axuda asistencial, non teñen que realizar
ningunha tarefa como contraprestación por esta.
Polo tanto, parécenos un erro rebautlzar o subsidio de
paro non contrlbutivo co termo de salario soclal, posto que o
termo salarlo implica sempre unha contraprestaclón en horas
de traballo. Todo iso leva consigo o perigo de identificar sala-
rlo social coa eslxencia de que o beneficlario teña que reallzar
algunha contraprestación a cambio.
Outros propoñen a implantación dun imposto negativo.
Os trazos do imposto negativo son bastante slnxelos: fíxase
un nivel de ingresos mínimos do que todas as familias deben
dispoñer. Ás famllias sen ningún ingreso ou con ingresos moi
baixos, inferiores ao mínirmo, concédeselles un subsldio que
asegura que estas familias dlspoñan do nlvel de Ingresos mí-
nimos. Este subsldlo é o que se considera o imposto negativo:
os que teñen ingresos por enriba do nlvel considerado «de
equillbrio» pagan impostos; os que os teñen por debalxo do
minimo cobran un subsidlo que é o mesmo que un imposto
negativo.
De acordo coas características establecidas polos desta-
cados economlstas defensores do IN (Freedman, Tobin, etc.),
a proposta do IN resalta algúns trazos que merecen atención:
a) a pobreza defínese e acéptase como unha carencia esen-
clalmente de ingresos, aínda que esta definición non abor-
de o porqué desta insuficiencia nin explique as causas que
a orixinan; e b) simplifica a admlnistración e os custos dos
programas de benestar, ao substltuír o IN toda a trapalleira
batería de axudas sociais.
Agora ben, comparada coa proposta da RBis, podemos
contrastar e apreclar as súas diferenzas: o IN non é un de-
20
reito individual, senón un subsidio que se outorga á fami-
lia, concédese de forma asistencial e como parte do sistema
de impostos calquera reforma do sistema pode eliminado; o
IN non é un dereito universal, non todos os cldadáns poden
beneficiarse deste, senón unlcamente o colectivo de pobres
que se atope dentro da definición oficial logo non se erradlca
senón que permanece o estlgma da pobreza; o IN non é un
derelto incondlcional, xa que os Ingresos e subsidios están
suxeltos ao paso polo mercado de traballo da persoa ou fami-
lia beneficiaria, logo non se erradica senón que permanece o
estigma do parado; o IN, polas condlcións que se esixen para
percibilo, non elimina as trampas do paro e da pobreza.
En referencia ás actuacións políticas a nivel mundlal a
favor da implantaclón de propostas próxlmas á RBis, atopa-
mos diversos casos de países nos que se están a desenvol-
ver propostas con modelos débiles, a dlferenza da RBIs que
nós defendemos. Así en Irlanda, as organlzaclóns agrupadas
entorno á Conference of Religious of Ireland (CORI) conse-
gulron que o Goberno irlandés nomee unha comlsión para
estudar a súa posible Implantaclón. No Estado español, o
PSOE presentou baixo o lema «Cidadanía, Liberdade e So-
cialismo», como un dos piares do seus programa o que era
a renda básica de cidadanía. Destacou tamén a iniciativa que
presentaron no Congreso ERC e ICV no ano 2007. Por outro
lado, hai outras iniciativas que traballan no mesmo sentldo:
aceptaclón da renda cldadá universal no Foro I para o Futuro
organizado pola OCDE en París, decembro de 1996; apoio ao
derelto garantido e Incondicional a unha renda polo Grupo
de Economistas Europeos, no seu relatorio «Pleno emprego,
solidariedade e sustentabilidade en Europa».
21
Ademais existen diversos patses coa aplicación de mo-
delos débiles de renda básica. En Alasca, unha parte do va-
lor da explotación petrolífera está dedicada a dar unha RB
á poboación residente. En Brasil dánse dous casos: por un
lado, o Senado aprobou en 1995 o Programa de Garantía
de Renda Mínima, un modelo parcial, no sentido de que
só se concede a RB a aqueles traballadores maiores de 25
anos e que teñan un salario dúas veces por debaixo do sa-
lario mínimo mensual; por outro lado, o Congreso aprobou
o 2 de abril de 2001 o Programa de Renda Básica Minima
mensual para todos os nenos daquelas familias, os ingresos
das cales non alcancen a metade do salario minimo. Dende
1951, o Goberno federal de Canadá, mediante o progra-
ma de seguridade social para a terceira idade, paga unha
pensión universal a todas as persoas a partir da idade de
65 anos, e sen máis condición que ser cidadán canadense
ou residente legal. 0 caso canadense poderiamos clasificalo
como un modelo de RB parcial, no sentido de que é un mo-
delo individual, universal, en canto que non é contributivo
nin meritocrático; pero é parcial ou condicional en canto
que introduce unha limitación por idade. En Cuba existe un
mecanismo de redistribución na dirección da RB pois os cu-
banos reciben unha RB en especie en termos de canastra
alimentaria que, engadida á educación e a sanidade, supón
unha achega moi importante ao conxunto das prestacións
do seu sistema de benestar. Por último atopamos o caso do
País Vasco o parlamento do cal aprobou a Carta de Dereitos
Sociais, na cal garante unha renda mínima mensual do 75%
do Salario Mínimo Interprofesional a todas as persoas maio-
res de 25 anos dende o 2001.
22
Aínda sendo todos estes casos modelos débiles, é moi
importante destacar o avance e a evolución que marcan no
camiño de implantación dunha proposta xenuína de RBis. Ta-
mén constitúen un avance para todas aquelas persoas que
pensamos que a RBis non só é eticamente desexable, senón
que é así mesmo economicamente viable.
23
Viabilidade financeira:
poboación, custo e
financiamento
Ao tratar o tema do programa de implantación da RBIs é Im-
portante destacar como a súa propia natureza fai que, actual-
mente, o Estado sexa o únlco ente con capacidade dabondo
para obter o consenso soclal e os fondos necesarlos para tan
vasta operación de redistrlbuclón. A Constitución española
pódese conclbir como unha liña argumental vállda no mo-
mento de premer ao Estado para que acometa a implanta-
ción do programa de RBis, partindo de que, na devandita
carta de dereitos, declárase que "España constitúese como
un Estado social que propugna a xustiza e a igualdade", e así
mesmo outorga aos poderes públlcos a facultade de «asegu-
rar a protección social, económica e xurídica da familia [...]
promover as condicións favorables para o progreso social e
económico e para unha distribución da renda rexional e per-
soal máls equltatlva [...] manter un réxlme públlco de Seguri-
dade Social para todos os cidadáns que garanta a asistencia e
prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade,
especialmente en caso de desemprego, sendo a asistencla e
as prestacións complementarias libres [...] recoñecer o dereito
25
á saúde, á cultura e á vivenda [...] reallzar unha política de
previslón, tratamento, rehabilitación e integración cos diml-
nuídos [...] e garantir, mediante pensións axeitadas e periodi-
camente actuallzadas, a suficiencia económica aos cldadáns
durante a terceira Idade».
Os elxes fundamentais sobre os que se apoia a execuclón
da RBis terían que, polo menos, ser: a) deflnir cales serían as
necesidades básicas, así como que parte das mesmas tería
que cubrir o Estado en forma de renda indirecta a través de
servizos colectivos (sanidade, educación, transporte público
a certos colectivos, etc.) e que outra parte de renda (directa)
básica quedaria para satisfacer polo mercado; b) cuantificar o
custo daquelas necesldades básicas a satlsfacer directamente
no mercado, parte do proceso que qulzais sexa a máis doada,
dado que todos estes bens e servlzos xa están valorados den-
tro do índice de prezos ao consumo, e a súa revisión periódica
sería tamén sinxelo e de grande utilldade á hora de actualizar
o custo das necesidades básicas; c) estruturar a poboación
por colectivos diferenciados, así como as prioridades nas dis-
tintas etapas, para incorporalos á percepción deste dereito
pois debido a razóns financeiras e políticas é probable que a
implantación da RBis esixa a conveniencia de incorporar, nun-
ha primeira fase, soamente a aqueles colectivos de cidadáns
en situacións máis desfavorecidas, o que formula a necesida-
de de definir cales son os colectivos que terian prioridade en
cada fase do proceso de implantación do programa, así como
a súa orde de inclusión.
Desenvolvendo estes tres aspectos habería que sinalar
que, respecto á definición de necesidades, actualmente, no
Estado español, así como en moitos outros países, a saúde
26
e a educación xa son prestacións universalmente concedidas
polos Estados. Cabe entón sinalar que unha parte das necesi-
dades colectivas xa están sendo cubertas polo Estado e que a
achega en forma de investimentos colectivos, que se propón
na RBis, non é máis que o desenvolvemento desta tendencia
ata niveis máis satisfactorios.
Polo que se refire ás necesidades humanas, no momento
de enfrontarmos co requisito de especificar que son e cales
das necesidades humanas terían que ser cubertas pola RBis,
a cuestión vólvese certamente complicada debido ás diversas
teorías e interpretacións que existen sobre este tema. Nun
principio, esta lista estaría determinada polas necesidades
básicas en termos de alimentación, vestido e calzado, viven-
da, saúde, educación, transporte e a actividade recreativo-
cultural. Na práctica, estás necesidades están xa computadas
de forma máis ou menos formalizada e legalizada en moitos
países.
En canto á cuantificación do custo das necesidades bá-
sicas, a elaboración técnica dunha cesta de bens e servi-
zos para cubrir a RBis non ofrece ningunha dificultade, e
a revisión periódica que experimenta o Indice de Prezos ao
Consumo (IPC), ou un subíndice elaborado para a devan-
dita finalidade, podería servir para actualizar anualmente
o custo das necesidades seleccionadas. Unha vez definidas
socialmente as necesidades humanas básicas, seleccionados
os colectivos beneficiarios, estimado o número de persoas
en cada un deles e diferenciadas as distintas etapas de in-
corporación á percepción deste dereito, cuantificar o custo
monetario da RBis quizais non sexa o parte máis difícil do
proceso.
27
Tomemos un exemplo. No suposto de incluír na primeira
fase ao redor de 8 mlllóns de persoas —ao descartar a todas
aquelas persoas que xa están a perclblr algún tipo de Ingre-
so—, e tomando como referencla fundamental a cantldade
que establece o limlar da pobreza (segundo a UE, a metade
da renda per cápita), o custo necesario que se habería que
cubrir suporía un 8,82% do Produto Interlor Bruto (PIB). Nun-
ha segunda fase incorporaríase uns 10,7 mlllóns de cldadáns
máis, que sería o 11,93% do PIB. 0 custo total representaría
o 20,75% do PIB e beneficiaría a case 19 millóns de cldadáns;
un 48% da poboaclón comezaría a gozar do dereito cidadán
á RBis.
0 desenvolvemento do Programa de Implantaclón da
RBis está suxeito á pregunta clave e que aparece frecuente-
mente como unha obxección puntual á RBis: de onde e como
se van obter os cartos que se necesltan para a implantación
da RBis? A resposta a esta presunta obxecclón pasa pola con-
slderaclón de, polo menos, dous aspectos: o financeiro e o
político —este último o desenvolverei máls adlante— no que
se refire ao aspecto flnancelro, o importante é comprobar
que os recursos para implantar a RBIs existen, xa que a pro-
posta de RBIs conslste en garantir a metade da renda per
cápita obtida. 0 que vai permitlr aflrmar que esta modalldade
de distrlbución da renda pode ser poslble na medida en que
exlsta vontade social para Implantala.
Os Orzamentos Xerals do Estado (OXE) representan a
fonte máis destacada de financlamento e sobre a que nos
centraremos preferentemente. Nesta aproxlmación, quere-
mos destacar que se trata de explorar as poslbllldades que
ofrecen os OXE para flnanciar a RBIs, utillzando dous eixes de
28
intervención: un, a reasignación de certas partidas do gasto
público e, dous, a creación dalgúns tributos.
As políticas de gasto público achegarian ao financiamento
da RBis un 5,03% do PIB sobre a base da reorientación, cara
ao financiamento da RBis, das seguintes partidas: a) a inclusión
dos recursos relacionados coas políticas de promoción de em-
prego e protección social que suporian unha achega do 0,82%
do PIB para a RBIs. A ineflcacia destas políticas respecto ao
obxectivo para o que están pensadas (a creación de emprego),
o elevado custo burocrático que supoñen, xunto co control e
sometemento que sofren as persoas perceptoras de tales sub-
sldios (control e vexación que contrasta coa autonomía que
gañaría o conxunto de persoas destes colectivos coa percep-
clón da RBis) xustifican a reorientación destas partidas cara ao
obxectivo de financiar a RBis; b) do orzamento destinado a
seguridade cidadá seleccionamos só a partida dedicada a For-
zas e Corpos de Reserva, baixo o criterio de dar preferencia á
protección social real en lugar de dedlcar estes recursos a unha
hipotétlca ameaza á seguridade cidadá, achega que suporía
un 0,5% do PIB; c) respecto ao gasto en transferencia a orga-
nismos autónomos, sinalar que: primeiro, dado que a maioría
de transferencias ás familias son de carácter asistencial, estas
serían substituídas pola RBis. Segundo, antes de transferir tan
elevado volume de subvencións ás empresas privadas haberia
que considerar a conveniencia de dedicar estes fondos directa-
mente a potenciar o benestar social dos cidadáns máis débiles.
O volume de gasto que dende este ámbito podería traspasarse
á RBis é moi significativo: un 4,07% do PIB.
Respecto á trlbutaclón fiscal, propoñemos que aos im-
postos directos sobre o capital se lles aplique como contribu-
29
ción á RBis o que resulte de calcular o 1 % do PIB. Tendo en
conta os datos do Instituto de Estudos Fiscais, que estima que
a fraude fiscal en España representa unha cifra anual equiva-
lente ao 5,46% do PIB, xunto cos 12 mil millóns de euros que
representan as débedas das empresas en termos de impostos
pendentes de cobramento, apuntamos que con estas dúas
partidas teriamos unha contribución moi substancial, nada
menos que da orde de 8,58% do PIB, que non requiriría máis
que cumprir coa lei tributaria.
Outras fontes de financiamento que atopamos son os
millóns de euros dedicados á pequena empresa, ao PER, aos
plans de defensa e seguridade, ás exencións fiscais a institu-
cións de crédito, á construción de búnkeres e financiamento
de déficits de medios de comunicación oficiais, a organismos
relixiosos, etc. 0 importe destinado a eses gastos ascende
ao 0,93% do PIB. Un bo exemplo atopámolo no sector agrí-
cola-gandeiro, o cal recibe anualmente en subvencións case
un 3,5% do PIB para paliar o efecto das boas e das malas
colleitas: se chove e se estraga o produto, subvención para
compensar a caída dos ingresos; e se hai bo tempo e hai boa
colleita, subvención por que a abundancia fai que baixen os
prezos e diminúan os ingresos agrarios. 0 Estado ten que
estar sempre poñendo cartos neste sector en forma de sub-
vención á produción. Nós propoñemos substituír esta política
pola concesión dunha renda básica ao cidadán dedicado ás
tarefas agropecuarias.
Ata aquí, e sen grandes modificacións nas políticas de
gasto e ingresos públicos, debemos resaltar que o volume
de recursos financeiros contabilizados se sitúa xa no 15,5%
do PIB. Por suposto que as partidas a reasignar poderían ser
30
distintas e o reaxuste maior ou menor. 0 propósito deste
exercicio consiste fundamentalmente en amosar que as ordes
de magnitude nas que nos movemos parecen facer viable o
Programa de Implantación da Renda Básica das Iguais. Deste
modo, se a cantidade necesaria para financiar a RBis aos co-
lectivos seleccionados ascendía a 26 mil millóns de euros na
primeira fase, xa 43 mil millóns na segunda, só nos faltaría
por conseguir o 5,22% do PIB. A viabilidade do desenvolve-
mento progresivo quedarla asegurada, mesmo antes de con-
siderar outras vías de financiamento posibles (no caso de que
algunhas das partidas incluídas na proposta se considerasen
inadecuadas).
Outras vías de financiamento ou fontes potenciais de in-
gresos podería ser a Taxa Tobin. Se en España aplicásemos
a taxa do 0,5% ás transaccións monetarias internacionais
a cantidade que se recadase por este concepto en 1993 al-
canzaría un 1,89% do PIB, aproximadamente. Outra medida
consistiría na recadación do valor dos recursos naturais do
que se apropiaron algunhas persoas e/ou entidades. Relacio-
nado con este enfoque teriamos a proposta feita polos ver-
des de recadar fondos financeiros baixo a forma de ecotaxas.
Baseado na actividade turística, o Goberno autónomo de Ba-
leares aprobou un imposto a finalidade do cal é restaurar a
degradación ambiental que provoca este sector económico.
Finalmente, outra proposta basearíase en gravar os ingresos
atípicos que perciben os personaxes considerados famosos.
Para rematar con este punto, dicir que un modelo de cál-
culo económico/financeiro máis elaborado e con máis espe-
cificacións da RBis se atopa en La Renta Básica en Cataluña:
posibilidades y limitaciones, traballo que foi financiado pola
31
Fundación Jaume Bofill. Un dos obxectivos deste estudo foi
comprobar as bondades, pero tamén as restricións, que pui-
dese presentar a implantación da RBis a niveis autonómicos
e municipais.
32
A RBis un instrumento
de participación e
transformación política
Nun momento en que os dereitos conseguidos tras anos de
loita —que en boa medida se atopan plasmados no Estado
do Benestar— padecen un forte retroceso, ante a importan-
te presión exerclda polo capital, a RBIs convértese nun Ins-
trumento forte para loltar eficazmente contra o capltalismo
global. É diclr, chegou o momento de reflexlonar sobre un
novo paradigma da repartición da riqueza que se produce
soclalmente.
A RBIs llmlta o papel do mercado de traballo, fonte prin-
cipal da explotaclón capltalista na distrlbuclón prlmaria da
renda, e anulando o paso obrigado polo mercado de traballo
para que os cidadáns teñan acceso aos dereitos sociais. A
RBIs, por ser un dereito cldadán, non ten por que estar lexlti-
mada polo dereito ao traballo, nln polos dereltos emanados
da propiedade. Ademals de defender a redistribución estatal
da rlqueza dos ricos aos pobres, oponse frontalmente a todas
as polítlcas de degradación das condlclóns de vlda, do aforro
públlco en gastos sociais, do aumento das dlferenzas que lm-
poñen a moeda únlca europea e a globalización económlca.
33
A RBis supón un colchón que permlte ao cldadán e ao
traballador defenderse mellor da contlnxencla dun despedl-
mento llbre e gratuíto; da arbitrarledade e a Incerteza que a
patronal exerce a través dos contratos temporais; e tamén lle
proporciona unha maior capacidade para negociar colectlva-
mente nivels salarlais, condlclóns de traballo, vacaclóns, ho-
rarlos, mobllidade xeográflca, flexlbllidade e demals factores
do mercado de traballo.
Así mesmo, a RBIs apllcada como dereito cldadán mellora
as posibilldades de desenvolvemento das mulleres ao facer
posible a súa independencia económica a todos os nlveis. A
RBis fomentará a igualdade da muller e o home no mercado
de traballo.
Segundo Luis Raclonero, cando o emprego, o traballo
e as socledades que fixeron del un valor central están ante
unha importante crise, haberá que comezar por separar "a
Idea do Ingreso da do traballo e repartir o un e o outro por
separado. Esta utopía esta só a uns trlnta anos vista, sendo
conservador". Nas socledades desenvolvidas, opulentas, che-
gou a hora de que o traballo asalarlado, indivldualmente con-
slderado, delxe de ser a base e a obriga da supervivencla ma-
terlal de cada cldadán. Como tamén chegou o momento de
deixar de identificar responsabllidade social e cldadá co feito
de ter un traballo asalariado. En lóxica, nln o traballo asala-
rlado necesarlamente representa o orgullo de ser útll á socle-
dade, nin tampouco que se haxa que continuar flaxelando
co traballo para redlmlrse do pecado orixlnal. A llbre vontade
de conslderar o traballo, ou a activldade laboral, como fonte
de mortificación e explotaclón persoal debe quedar reducida
excluslvamente á declsión persoal de cada cldadán.
34
0 feito de refundir todas as prestacións sociais na RBis
permitirá eliminar o estigma do paro e o seu corresponden-
te subsidio; o estigma da pensión e as súas correspondentes
prestacións sociais; o estigma da pobreza e as súas correspon-
dentes esmolas: públicas e privadas. Pola súa simplicidade de
implementación e pola súa universalidade, reducirá o gasto e
o control burocrático propio das actuais prestacións. A RBis
vén a formular unha vía de solución ao problema xerado en
tomo ao futuro de Estado do Benestar pois se converte ela
mesma nun piar do novo sistema de benestar para o próximo
milenio.
A RBis poderá utilizarse como fondo de referencia den-
de onde comezar outras formas alternativas de consumo, no
sentido de vivir mellor con menos. É dicir, a RBis supón un
importante punto de reflexión tanto a nivel social como indi-
vidual entorno a como deben definirse as necesidades bási-
cas e cal é o traballo asalariado socialmente necesario. Supón
unha posibilidade real de desligarse do proceso produtivo
capitalista, explotador de recursos tanto no ámbito humano
como ecolóxico, para todas aquelas persoas que o consideren
oportuno. Neste sentido, F. J. Martínez sinala que "a RB é
incompatible cun modelo produtivista a ultranza que busca
a produción pola produción sen atender á necesidade da de-
vandita produción nin ao seu impacto ecolóxico e social. Polo
anterior, a renda básica é unha medida esencial en calquera
programa verde e ecoloxista que se prece".
Falar da distribución do produto social supón encarar
unha cuestión relacionada directamente coa propiedade dos
recursos e a produción social, a toma de decisións, as estru-
turas de poder. Polo tanto, dados estes elementos, só poli-
35
ticamente pódese pensar en conseguir que se leve a cabo
unha redistribución como a que está implícita no Programa
de Implantación da Renda Básica das Iguais. É dicir, a pro-
posta de que a Constitución recoñeza o dereito a que toda
persoa goce dunha RBis é unha cuestión que require unha
platexamento político e unha mobilización social.
Un exemplo histórico. 0 avó de D. Juan Carlos aceptou
marchar ao exilio só cando o convenceron os feitos de que os
republicanos españois tiñan a razón da forza nas súas mans
para proclamar a República; moito tempo antes xa viñan uti-
lizando a forza dos argumentos para que abandonase o país.
Por si soa, a forza da razón non remataba de dar os seus
froitos. Coa RBis acontece o mesmo. Hai moitos anos que vi-
mos argumentando e demostrando a súa deseabilidade ética
e viabilidade económica e financeira. Esta forza da razón é
necesaria. Pero chegou o momento de apoiada abertamen-
te coa razón da forza social; sen mobilización, sen loita, sen
esixencia dende as persoas, grupos e movementos este derei-
to cidadán corre o risco de diluírse en propostas integradoras
—modelos débiles de RB. Chegou o momento de berrar: ade-
mais de interpretar a historia, é necesario cambiala.
En termos de mobilización cidadá, non cabe dúbida de
que a loita pola implantación da RBis ten a particularidade de
poder artellar un proxecto político común e de responder aos
intereses materiais e sociais de colectivos e organizacións tan
distintos como puidesen ser as persoas paradas e pobres que
viven da asistencia social, as persoas traballadoras asalariadas
que preferisen sacrificar ingresos por unha vida máis autóno-
ma, as mulleres que desexan contar con maiores posibilidades
de liberdade nas súas vidas, as persoas sindicalistas conscien-
36
tes da indefensión dos traballadores ante as actuals prácticas
laborals, as persoas actlvlstas ecoloxistas que defenden a po-
sibilldade de desenvolver unha vlda ecoloxicamente coheren-
te e, en fln, as persoas e grupos que desexan unha sociedade
alternatlva. Nestes momentos, nos que vivlmos/padecemos
as consecuencias da globalización capltallsta, a esquerda non
debera menosprezar a forza subversiva que contén a Renda
Báslca das Iguals para loitar contra o poder do capltalismo.
En termos de contido polítlco, unha boa sintese do que
pode supoñer a RBIs para a cldadania en xeral, e para a es-
querda en particular, ofrécenola F. Savater: "Creo que hoxe a
principal dlferenza entre esquerda e derelta nas democracias
desenvolvldas é que a prlmelra sostén que se certos dereitos
non son garantldos a todos polas instltuclóns públicas, a des-
pelto de azares biográflcos ou intereses mercantís, a noclón
mesma de cldadanía se balelra de contido [..] Sería desexable
dende a Esquerda romper este círculo estudando a poslbili-
dade dun Ingreso básico xeral de cidadanía entendido non
como un subsldlo (parados, novos, anciáns), senón como un
derelto de todos, a partlr do cal puldese optarse por traballos
remunerados, servlzos soclals voluntarios... ou a vlda contem-
plativa. É un proxecto revoluclonario, se se quere, pero non
máis do que fol no seu día o sufraxio unlversal. Obrigaría a
redefinir o mercado de traballo, a relaclón entre produtivlda-
de e retribución, o sentldo da protección social etcétera. Ta-
mén se alcanzaria unha nova dimenslón da responsabilidade
individual entendida dende a liberdade e non dende a crúa
necesldade".
A RBis non só debe axudar a combater as consecuen-
cias e as raíces da dualización soclal e da pobreza, senón que
37
debe erixirse nun medio válido para posibilitar a toma de con-
ciencia e o debate social sobre cales son as verdadeiras causas
que xeran as crecentes desigualdades sociais e devastación
ecolóxicas, co fin de lanzar á sociedade propostas construti-
vas de transformación da realidade, cara a un novo modelo
de relacións sociais e económicas en que o mercado adopte
un papel secundario, converténdose as persoas no centro e
eixe da acción social, política e cultural. Na nosa interpreta-
ción, a RBis é un dos instrumentos máis útiles para iniciar un
ataque contra o capitalismo. De cara ao sistema político, é un
dereito cidadán que lle ha de gañar ao capitalismo; e de cara
ao sistema económico, o seu contido non só afecta esencial-
mente ao mercado de traballo, senón que permite neutralizar
e contestar boa parte das medidas tomadas contra os traba-
lladores en particular e contra os cidadáns en xeral.
Debe entenderse pois a RBis como un instrumento de
claro cuestionamento da lóxica capitalista e como un instru-
mento de loita ante esta. Partindo da constatación atinada de
que, de feito, o dereito cidadán á RB consiste en principio na
ampliación da carta dos dereitos burgueses, faise totalmente
imprescindible ter ben presente cal é o enfoque que lle que-
remos dar á RBis. A esixencia da RBis debe reforzarse cun
discurso e unha práctica que poñan en cuestión a presente
organización socioeconómica, denunciando os efectos devas-
tadores da economía de mercado sobre a natureza, incluída
a natureza humana. Non só buscando atenuar as disfuncións
da economía de mercado, senón loitando contra o feito de
que a economla organice as relacións sociais.
Unha vez considerada como un dereito cidadán, e men-
tres a estrutura social básica sexa capitalista, a RBis pode xogar
38
unha dobre tarefa. Por unha parte, e vinculada á xustificación
liberal, dito dereito pode desempeñar unicamente un papel
lexitimador, ao xeito que están a actuar as reivindicacións la-
borais habituais. Por outra parte, utilizada coa vontade de
transformación social, de participación cidadá, pode conver-
terse nun poderoso instrumento de cambio cara a sociedades
onde se poida vivir unha verdadeira emancipación. Poderoso
mecanismo porque incide e pon en cuestión un elemento
esencial do sistema, como é o paso obrigatorio polo mercado
de traballo para ter acceso ás rendas, ao benestar social das
poboacións. 0 capitalismo require que o non propietario de
medios de produción teña que traballar imprescindiblemente.
A RBis permite que esta esixencia do capitalismo se debilite
profundamente, e mesmo que desapareza, se só se pretende
un consumo básico. Converter a obriga ao traballo nun xe-
nuíno dereito ao traballo proporciona á RBis unha dimensión
en profundidade e alcance que a converte nun instrumento
privilexiado, non para suavizar o sistema, senón para trans-
formalo.
39
Otros cuadernos sobre esta temática
RENTA BÁSICA
SUSTENTABILIDAD